versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión, Val do Dubra e Tordoia reciben 571.000 euros de Presidencia para mellorar as súas casas consistoriais

[20/07/2008]

Os concellos de Brión, Val do Dubra e Tordoia contarán este ano con importantes inxeccións económicas da Consellería de Presidencia para executar melloras nas súas casas consistoriais, segundo os datos facilitados onte pola Xunta, que achegará fondos a un total de 37 municipios de toda Galicia.

No caso brionés os fondos empregaranse non na actual Casa do Concello, senón no inmoble adquirido recentemente polo Concello para situar as novas dependencias municipais. A partida asignada neste caso ascende a 305.000 euros, que se empregarán na rehabilitación dun antigo inmoble situado moi preto da carballeira de Santa Minia, lugar no que se concentran a maior parte das instalacións administrativas brionesas.

En canto a Val do Dubra, os 230.000 euros achegados pola Xunta servirán para unha remodelación e ampliación das actuais dependencias, situadas en Bembibre. Desta liña económica tamén se beneficiará o municipio de Tordoia, aínda que cunha achega notablemente inferior, con 36.000 euros.

No listado de municipios beneficiarios de fondos de Presidencia tamén se inclúen os concellos de Teo e Ordes, as administracións locais da cal xa deron a coñecer as contías recibidas.

No caso teense, as arcas de Presidencia reserváronlles 316.000 euros para un edificio de usos administrativos no que se situará a sede da policía local. En Ordes a partida ascende a 660.000 euros, que se destinarán especificamente, ao igual que en Val do Dubra, á ampliación da actual casa do concello.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion