versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os nenos brioneses aprenden a arte da cociña mentres os maiores manexan o ordenador

[26/07/2008]

Un total de 34 nenos de entre 6 e 15 anos de idade están a participar durante este mes de xullo nun curso de cociña no centro social polivalente de Brión. Durante dúas horas á semana, os nenos e novos aprenden cousas básicas da cociña e toman contacto cos diferentes produtos. «Cos máis pequenos facemos cousas sinxelas como pizzas, canelóns, hamburguesas ou mesmo galletas. Despois levan a receita e poden practicar na casa cos seus pais», explica Elisa Iglesias, monitora do curso.

Os maiores, de 11 a 15 anos, elaboran pratos máis complicados, como pastas con salsas ou asados, que degustan na propia clase, antes de lavar a louza e limpar a mesa na que estiveron a traballar.

Pola súa banda, once veciños maiores de 55 anos participaron durante este mesmo mes nuns cursos de informática. Antonio, o monitor desta actividade, explica que os participantes «aprenden ou manexo básico do ordenador, abrir e pechar ventás e despois algúns xa atrévense ata a utilizar ás cámaras web». Estes veciños avanzaron significativamente no seu manexo do ordenador, posto que «ao principio houbo quen tivo grandes problemas para manexar os ratóns, xa que pensaban que funcionaban xirándoos, pero ao final vanlle collendo ou truco», indica Antonio.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion