Os maiores de Brión aprenden informática nuns cursos gratuítos
[26/07/2008]
Un total de once veciños de máis de 55 anos do concello de Brión realizaron varios cursos de introdución á infórmatica durante este mes. Impartíronse de forma gratuíta na área de informática na casa de cultura do municipio. Estes brioneses aprenderon nocións básicas sobre o manexo do ordenador e de Internet.