versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Rematan as listas de espera na gardaría de Brión

[25/07/2008]

A gardaría municipal de Brión realiza unha ampliación de prazas, o que permite a admisión de todos os nenos, que se atopaban ata o momento en lista de espera para o próximo curso.

O recinto contará con seis ­aulas, unha máis que a do ano pasado, das que dous serán para bebés, dous para nenos dun a dous anos e outras dúas para nenos de dúas a tres anos. Por outra banda, ampliarase en sete prazas outra aula xa existente.

Dous cambios que permite ampliar a oferta da escola infantil ata un total de 90 prazas, quince máis que o ano anterior.

Un cambio que non suporá a realización de obras de ampliación do centro, xa que as novas aulas se crearán da rehabilitación doutros espazos xa existentes na gardaría.

Os traballadores municipais realizarán durante as próximas semanas as obras necesarias para habilitar este espazo, que contará cunha zona especial de hixiene e unha área de descanso para os pequenos.

Ademais, o Concello de Brión inverterá máis de 13.000 € en cubrir un dos dous patios interiores para que poida ser utilizado como sala de usos múltiples. Así mesmo, tamén deu o visto bo á contratación dunha nova profesora.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion