versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A maxia de África conquista Brión

[22/07/2008]

O festival folclórico reuniu en Santa Minia a seis grupos internacionais ·· El 'Simb' de Leóns do Senegal converteuse nun espectáculo electrizante. O Ballet de San Luis Potosí trouxo aires maia e mexicano e moito colorido.

Malia as tres horas que durou o Festival Internacional de Folclore, Romaxe de Música e Danza celebrado na carballeira de Santa Minia, e ao frío da reunión dominical, o público brionés quedou co mel nos labios. As actuacións souberon a pouco e a maxia do Espectáculo (con maiúsculas porque o merece) atrapou ao respectable. As seis agrupacións invitadas a Brión, procedentes dos máis distintos destinos -Illas Canarias, Portugal, Venezuela, México e África- deron o do de peito ao grande, ofrecendo un anaco da súa cultura, os seus costumes e a súa tradición, envolvidos en mil e unha leyendas.

Leóns de África, grupo invitado de última hora tras a caída do cartel do Conxunto de Danza Popular Khasavyurt de Daguestán, por cuestións alleas á organización, meteuse o público no bolsillo.

Foi a actuación estelar e máis espectacular por colorido, son, coreografía e posta en escena, do festival. Resoar dos tambores tribais e a percusión interpretada con instrumentos propios do país africano envolveron de mitoloxía a carballeira, mentres que o grupo de bailarins e acróbatas senegaleses transportou ao respectable a un mundo máxico, o da mítica deidade Simb.

Trátase dunha lenda senegalesa recollida por xeracións de Griots e poetas músicos que converten o espectáculo de Leóns de África nunha experiencia inesquecible e ­electrizante, e que permite ao público ser testemuña do "poder sobrenatural humano" que xeran a música e o baile a través da maxia do teatro.

Para preparar a súa actuación, os compoñentes do grupo senegalés, especialmente os tres bailarins, tardaron dúas horas en recubrirse o corpo de pinturas tribais. Iso si, a súa saída ao escenario foi espectacular.

Cruzando o Atlántico
Xunto a esta agrupación, que puxo o broche de ouro musical ao festival, actuaron a Agrupación Folclórica de Tetir (Fuerteventura), con vestiario que emulaba o traxe campesiño insular de finais do XIX; Amigos da Esperanza de Tenerife, os 44 compoñentes do cal fixeron unha exhibición da arte que acumulan nos seus 61 anos de historia; o Rancho Folclórico e Etnográfico do Casal de Sentista de Portugal, máis sobrio en pezas e música; o Grupo Tradicións procedente de Venezuela, que ofreceu un repertorio con pezas máis destacadas das súas festas nacionais, como o Carnaval ou a Cruz de Maio; e pechando o apartado internacional, o Ballet Folclórico de San Luis de Potosí, México, cun conxunto de pezas nas que se funden os costumes dos estados mexicanos e a cultura de corte maya.

Cor, maxia, expectación e algo de humor (coas improvisacións de Tetir para incluír nas súas letras a Brión) encheron o escenario de Santa Minia e souberon, como non, a pouco.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion