versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión organiza unha viaxe a Andalucía na que participarán 57 mozos

[18/07/2008]

O Concello de Brión organiza por terceira vez unha viaxe para 57 veciños de idades comprendidas entre 18 e 35 anos. Estes novos brioneses partirán este domingo día 20 en autobús cara a Málaga.

Entre as diversas visitas organizadas atópanse lugares como as covas de Nerja, un monumento natural que combina a súa beleza natural con pinturas rupestres. Alí poderán ver a sala do Cataclismo, que alberga secuelas dun terremoto de hai 800.000 anos, a sala Torca, con pinturas rupestres antropomórficas ou a sala dos fantasmas na que poderán ver representacións simbólicas e de animais. Visitarán tamén a Cova do Tesouro, unha das tres únicas covas de orixe submarina coñecida no mundo e a única en Europa. É unha cova situada preto do Canto da Victoria, nun acantilado a beiras do Mediterráneo que se formou na época xurásica. Tamén visitarán a Alhambra de Granada, Torre do Mar, Xibraltar, Tarifa, Rolda, Mijas, Porto Banús, Marbella e Málaga.

Durante oito días aloxaranse no albergue xuvenil de Málaga, que pertence á Rede de Albergues da Xunta de Andalucía, situado no centro da cidade. Deste xeito Brión achega unha oferta de ocio como fixo no 2006 coa viaxe a Sevilla e no 2007 a Cantabria.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion