versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os veciños e entidades deportivas de Brión poderán utilizar o campo de herba artificial a partir de agosto

[16/07/2008]

O campo de fútbol de herba artificial de Brión, dunhas dimensións de 90 metros cadrados de longo por 60 de ancho, empezará a ser utilizado por veciños e equipos do municipio a partir do mes de agosto. A instalación atópase no lugar de Lamiño, xusto na saída da autovía Santiago-Noia.

Este campo conta con cinco vestiarios, un deles adaptado para minusválidos, un sistema de iluminación e un de rego automático. Nunha visita que realizaron os integrantes da corporación municipal para ver as novas instalacións, o alcalde de Brión, Xosé Luís García, explicou que o Concello ten definida unha segunda fase, que incluirá unha inversión de 59.600 euros para a construción de aseos para o público, cubrir as bancadas e colocar algún tipo de rede no perímetro para evitar a saída de balóns fóra do estadio.

Para o mes de setembro, a intención do concello é que os alumnos dos distintos centros escolares do municipio, así como as escolas deportivas municipais, poidan gozar destas novas e modernas instalacións.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion