versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Folclore, cine e teatro completan a oferta das noites na Carballeira de Brión durante este verán

[15/07/2008]

Brión presenta un ocio estival con xornadas de folclore, cine ao aire libre así como teatro e sesións de poesía e de maxia que conforman o programa das Noites da Carballeira 2008, deseñado polo Concello para que os veciños gocen do ocio nocturno durante os meses de xullo e agosto na Carballeira de Santa Minia. Trátase dun programa no que a música galega ten unha importante presenza e será a principal protagonista. Estes eventos están organizados pola concellaría de cultura e xuventude do Concello de Brión contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e coa Consellería de Cultura e Deporte.

O gran día chega da man da segunda edición do II Festival Internacional de Folclore que se celebrará con motivo da tradicional Romaría de Música e Danza o día vinte de xullo. Á cita terá lugar no pavillón polideportivo de Brión a partir das 22.00 horas e contará con diversos grupos que acuden dende México, Portugal, Forteventura e Tenerife ata de Kazakhistán.

Tres días despois desta celebración, o mércores 23 de xullo a carballeira de Santa Minia volverá a carga cunha representación da peza teatral Arte, da escritora francesa Yasmina Reza, a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano. Unha comedia que ten como fío condutor un lenzo totalmente en branco cunhas raias transversais, tamén brancas, que custa 60.000 euros. Tres personaxes en escena –un de dereitas, outro de esquerdas e outro que vai por onde máis lle convén– discutirán sobre a esencia do cadro e falan sobre a arte.

O programa compleméntase coas Noites de Cine, as xa tradicionais sesións de cinema ao aire libre patrocinadas pola Deputación da Coruña. Nesta ocasión, a cita na Carballeira de Santa Minia será a partir das 22.30 horas coas seguintes películas: o filme Ladykillers visionarase o xoves 3 de xullo; Arthur e os minimoys, o xoves 10 de xullo; Eragon, o luns 14 de xullo; Pequena Miss Sunshine, o martes 22 de xullo; e por último O diaño viste de Prada que será o venres 31 deste mes.

Todas as actuacións, coa excepción das Noites de Cine que serán media hora máis tarde, terán lugar na Carballeira de Santa Minia ás 22.00 horas. En caso de que o tempo se convirta nun inimigo, os espectáculos trasladaranse ao Centro Social Polivalente, coa excepción do Festival Internacional de Folclore.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion