versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión informará sobre as axudas da Xunta para a terceira idade e minusvalias

[15/07/2008]

O Concello informará ás persoas con minusvalidez e aos maiores de 65 anos sobre as axudas económicas que a Vicepresidencia da Xunta concede para a adaptación de vivendas, próteses dentais, audiófonos e asistencia técnica.

Os interesados deberán achegarse ao Centro Social Polivalente, na avenida de Santa Minia de Pedrouzos, antes do venres 8 de agosto. Os veciños que desexen que o Concello de Brión tramite as súas solicitudes, deberán achegar o DNI, un xustificante dos ingresos da unidade familiar, un informe médico sobre a minusvalía para a que solicitan a axuda e un documento no que figure o presuposto para paliar as súas necesidades como documentación necesaria.

O ano pasado, unha vintena de persoas presentaron a solicitude para acceder a estas prestacións individuais destinadas a minusválidos e á terceira idade. A maioría destas peticións, segundo os Servizos Sociais, correspondían a próteses auditivas para as que a Vicepresidencia da Xunta establece unhas axudas económicas de ata 650 euros.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion