versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión aproba en pleno un proxecto de saneamento de Cantelar, Lago e Cabanas

[09/07/2008]

O Concello de Brión aprobou por unanimidade en pleno extraordinario as obras que realizará grazas ao Plan Provincial de Cooperación 2008-2011 da Deputación de Coruña. Dentro desta Plan, Brión conta con 496.000 euros, deles máis de 375.000 euros serán inveridos nun proxecto de saneamento de Cabanas, Lago e Cantelar en Boullón (Os Ánxeles).

O Concello terá que achegar un 10% desa inversión, 49.600 euros. Nos próximos meses decidirase a qué outros proxectos se dedicarán os 121.000 euros restantes do Plan Provincial de Cooperación.

Nese mesmo pleno aprobouse tamén unha modificación dos créditos do presuposto municipal por un importe de 251.000 euros para cubrir algunhas necesidades que non poden aprazarse ata o exercicio seguinte. Algúns deses gastos son a cuberta do patio da gardaría infantil, a reposición de xogos infantís no Santo Arandel e en Boullón, a insatalación de novos xogos en Vidaloisio, a contratación de persoal para a gardaría infantil con motivo da apertura dunha nova aula e a prestación do servizo de limpeza ao centro de primaria de Pedrouzos. Estes gastos serán financiados con cargo ao remanente para gastos xerais e ás baixas por anulacións parciais doutras partidas.

Por último aprobouse unha nova regulación para a utilización das instalacións deportivas para incorporar o novo campo de fútbol de herba artificial. Este novo servizo deportivo xa está completamente rematado e será visitado a próxima semana pola corporación municipal. Ademais de modificarse os prezos deportivos para incluír as taxas de utilización do novo campo de fútbol, tamén se aprobou a adaptación das tarifas do servizo de axuda a domicilio ao esixido na nova Lei de Dependencia.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion