versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un mes de ultimato para o transporte

[08/07/2008]

A Consellería compromete un novo convenio antes de agosto e os alcaldes non pagarán ata ver as melloras. O rexedor de Brión sentenza o futuro do servizo: "Se non se cumpre o prazo morrería o bus metropolitano".

O transporte metropolitano está na corda frouxa. Un ultimato dun mes será a clave para coñecer se se perfila, por fin, a posta en marcha efectiva deste servizo ou se, pola contra, pode asinarse a defunción na práctica do convenio asinado hai dous anos para a súa posta en marcha.

O pasado mércores, os alcalde de Ames, Carlos Fernández; Teo, Martiño Noriega; Brión, Xosé Luis García; e Vedra, Odón Cobas, xunto aos representantes muncipais de Santiago, Val do Dubra e Boqueixón reuniuse coa directora xeral de Transportes, Mar Chao, para buscar solución ao mal funcionamento do servizo que levou consigo o non pagamento de case un millón de euros por parte dos concellos a xeito de protesta.

Dende o departamento autonómico, Chao insistiu en subliñar que se cumpriron a maioría de obrigas contraídas pola Consellería a través do convenio, relativas á política tarifaria, o establecemento de novos servizos e a instalación de marquesiñas. Non obstante, recoñeceu tamén a existencia de deficiencias. As devanditas carencias serviron aos rexedores, en especial aos de Ames e Teo, os únicos que permaneceron na reunión ata o final, para argumentar a súa protesta e a súa decisión de premer na esixencia de melloras no servizo a través do non pagamento da cota económica correspondente ás administracións locais.

O global dos alcaldes afectados polo servizo de transporte metropolitano ratificábase á fin do encontro na súa postura: manter o non pagamento ata que sexa plausible un servizo acorde ás necesidades dos usuarios.

Neste sentido, Mar Chao comprometeuse a elaborar un novo convenio acorde a estas necesidades nun mes; ademais ampliou ata o 1 de agosto a marxe para que os concellos liquiden a súa débeda. Os rexedores esperarán aos feitos. O brionés Xosé Luis García sentenciou que "se non hai novo convenio nun mes, o transporte comarcal "morrería".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion