versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O TSXG ratifica a denegación de licenza a unha pirotecnia de Brión que sufriu unha explosión

[04/07/2008]

As casetas da empresa trasladaranse ao monte de Rañalonga.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deu a razón ao Concello de Brión e ratificou o acordo do organismo municipal, que denegou en abril do 2004 a licenza de reconstrución da pirotecnia López en Tremo, na parroquia de Os Ánxeles. O Concello presentara un recurso de apelación contra a sentenza emitida por o Contencioso de A Coruña, que revogaba o acordo municipal, en xaneiro do 2006, e obrigaba en primeiro instancia a conceder licenza para reconstruír a empresa sinistrada no 2003.

O tempo transcorrido entre unha e outra sentenza permitiu, por outro lado, que o Concello e a empresa chegasen a un acordo para a recolocación das instalacións. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, confirmou onte que as casetas da empresa xa se están a cambiar para outra situación, concretamente, no Monte de Rañalonga, onde non hai vivendas próximas e non existe oposición veciñal nin riscos.

Na pirotecnia López produciuse un accidente en novembro do 2003 que causou a morte dun traballador da empresa, Juan Carlos Ardións, cando manipulaba unha carga de pólvora no taller. A petición de licenza para restaurar as casetas sinistradas fíxose como consecuencia dos danos sufridos neste accidente. En maio do 2006, unha das casetas da pirotecnia sufriu un incendio de madrugada, que non fixo explotar ningún material, xa que a empresa almacena o seu material explosivo nunha instalación distinta á de Os Ánxeles, seguindo as estritas medidas de seguridade impostas despois do sinistro do 2003.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion