versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión ten subministración de auga asegurada para os próximos cincuenta anos

[01/07/2008]

O plan, preparado para cen mil habitantes, incluirá ao Concello de Ames.

A Corporación de Brión aprobou por unanimidade unha inversión de 819.300 euros nos próximos tres anos correspondentes ao 10% do presuposto das obras da primeira fase do proxecto de abastecemento de Ames e Brión. Este proxecto, segundo palabras do alcalde brionés, José Luis García, permitirá abastecer unha poboación de ata cen mil habitantes "polos que podemos asegurar que os veciños de Brión non terán problemas co abastecemento da auga nos próximos cincuenta anos".

O proxecto será sometido a exposición pública e, posteriormente, enviarase a Augas de Galicia para ser elevado ao consello de la Xunta para a súa aprobación definitiva. O procedemento podería estar concluído no último trimestre de 2008, polo que as obras poderían estar concluídas nos tres primeiros meses de 2009, xa que o prazo de execución é de 18 meses.

Ademais, o pleno tamén aprobou por unanimidade o patrón de recollida de lixos, que ascende a 3.140 recibos, dos que 206 son de nova incorporación, por un importe total de 224.000 euros.

Campo de fútbol e piscina

Así mesmo, o pleno municipal aprobou tamén de forma unánime as bases reguladoras do plan de iluminación e outros complementos no campo de fútbol de herba artificial.

O proxecto inclúe unha inversión de 59.600 euros na construción duns aseos para o público. Os fondos proceden dunha subvención da Deputación de A Coruña e dos que o Concello de Brión terá que achegar o quince por cento.

Tamén en materia deportiva, o Concello traballa na consecución dunha piscina cuberta para o municipio, aínda que o alcalde recordou que Brión conta actualmente con dúas piscinas municipais (Os Ánxeles e Bastavales).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion