versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As «Noites na Carballeira» de Brión arrancan mañá coa actuación de Leilía

[26/06/2008]

As Noites na Carballeira 2008 arrancan mañá na carballeira de Santa Minia coa actuación das pandereteiras Leilía, que presentarán o seu traballo Cantar ao vivo, un repaso pola súa historia dende 1989.

Pero as actividades de Noites na Carballeira non se cinguen solo ás actuacións musicais de numerosos grupos galegos e de estilo folk. Así, a carballeira brionesa acollerá o espectáculo do mago Cyrille Sinclair ou a representación teatral que a compañía Fulano, Mengano e Citano porán en escena o próximo 23 de xullo.

Como cada ano, o programa de Noites na Carballeira completarase coas xa tradicionais noite de cinema ao aire libre patrocinadas pola Deputación de A Coruña, con éxitos de venda directa como Eragon ou El Diablo viste de Prada.

En caso de que o tempo non acompañe, as actuacións trasladaranse ao centro social polivalente, con excepción dalgúns concertos.
 



enlace a La voz de Galicia

 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion