versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Branco Amor revive en Brión en forma de pintura e fotografías

[10/06/2008]

Medio centenar de artistas celebraron o terceiro encontro de Brión. Cada un deles doou ao Concello unha obra para un futuro museo.
A figura do escritor Eduardo Blanco Amor envolveu a actividade cultural de Brión durante a pasada fin de semana. Os III Encontros CoA Arte celebráronse Lembrando a Branco Amor, como rezaba o seu título e coa presenza de 50 artistas pictóricos que realizaron os seus traballos de pintura ao natural durante tres días na carballeira de Santa Minia, a parroquia de Luaña e o ámbito do río Pego.
Medio centenar de artistas traballaron durante as tres xornadas no municipio, abertos á mirada de veciños e visitantes, co obxectivo de reflectir a súa propia perspectiva sobre Brión. Unha vez rematado o labor de cada día, as obras entregáronse, xornada a xornada, na casa de cultura, onde quedaron expostas ao público. Ademais, durante toda a fin de semana, os interesados puideron contemplar tamén as obras resultantes dos II Encontros CoA Arte, Lembrando a Cunqueiro, celebrados o pasado ano. A mostra está exposta no balneario Compostela, en O Tremo.
Así mesmo, a cita cultural brionesa fíxose coincidir coa exposición fotográfica A Ollada do desexo, obra fotrográfica de 1933 a 1973 de Eduardo Blanco Amor.
Na última xornada e tras a conferencia da noite anterior sobre o célebre autor de A Esmorga, cada un dos artistas escolleu unha das súas obras, realizada durante a fin de semana e doouna ao Concello, e que pasará a formar parte da pinacoteca do futuro museo de arte de Brión.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion