versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Encontros con bagaxes vitais

[08/06/2008]

O Concello de Brión está a crear unha colección de arte que chegará lonxe ao ritmo que leva a incorporación de obras ao seu fondo. Na noite do venres, o alcalde do veciño municipio, Xosé Luís García, inaugurou no Hotel Balneario Compostela a exposición con 33 obras doadas polos artistas que participaron o ano pasado na segunda edición dos Encontros CoA Arte en Brión, que estivo dedicado a Cunqueiro. A maioría dos cadros son pinturas acrílicas sobre lenzo, aínda que tamén hai unha fotografía de Luis A. Ocaña, un gravado de Yolanda Carbajales e dous artigos de Daniel Buján e de Xulio L. Valcárcel. Este certame organízao o Concello para que os veciños participen ofrecendo nunha obra artística o seu particular mirada sobre Brión. Unha condición para tomar parte é que unha das obras sexa doada para a colección pública. Outra das creacións ha de ser para intercambiar con outros participantes, e se hai unha terceira, ou máis, é para o seu autor ou autora. A terceira edición dos encontros xa está en marcha, e o venres reuniu na Carballeira de Santa Minia a 47 artistas. Cos anos escolares, en Santiago. A infancia e a adolescencia permanecen na memoria e gañan protagonismo cando se entra na madureza da vida, xeralmente a partir dos 50, que é cando a xente decide reunirse para celebrar as vodas de prata da promoción da carreira, as de ouro do colexio ou o non sei cantos aniversario de non se sabe que. O caso é atopalo e compartir os mellores recordos da xuventude e o máis significativo das súas vidas. E os que coincidiron no colexio da Inmaculada, máis popular polo nome de Escola dos Irmáns, nas promocións dos anos 1951 e 1953, levan anos reatopándose no patio do centro para despois asistir a unha misa e, a continuación, volver á aula que ocuparon (a da galería de toda a vida) para charlar co Irmán Federico. A comida en Los Robles pechou a festa, á que se sumou este ano Manuel Losa Rocha, un compañeiro que reside en Montevideo dende o ano 1953. O grupo ten ata unha «directiva», integrada por Ramón Boullón (ex bar Azul) e Óscar Canitrot. E un escudo no que reza «Son antigo alumno da escola dos Irmáns». O humor asoma por tódalas partes. Tamén no texto da convocatoria, na que dan conta do programa e do menú de forma divertida e ocorrente. Premios científicos. A Sociedade Española de Neuroloxía premiou o neurólogo do Hospital Clínico Universitario de Santiago Rogelio Leira polo seu labor científico para avanzar no tratamento das cefaleas. A mesma entidade galardoará o doutor Raúl de la Fuente, do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, pola súa contribución para tratar o Párkinson. 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion