versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A arte toma o aire en Brión

[07/06/2008]

Corenta e sete artesáns da palabra, a pintura, a escultura e a fotografía retratarán distintas zonas do municipio.
Corenta e sete formas de ver, vivir e retratar a Carballeira de Santa Minia, a xoia verde de Brión. Este é o reto que se marcou o Concello con esta terceira edición dos Encontros Coa Arte, que este ano renden homenaxe a Branco Amor cunha exposición no centro de usos polivalente.
A xornada artística brionesa comezou a última hora da mañá, coa recepción oficial aos 47 convidados que decidiron participar nesta iniciativa cultural. Tras o ritual protocolario inaugurouse a mostra fotográfica sobre Branco Amor, as imaxes do cal pertencen á Deputación Provincial de Ourense.
Tras unha comida na propia carballeira, os artistas tomaron as súas armas de traballo e comezaron a tarefa de inmortalizar esta paraxe natural. Unha vez que se coñeza o resultado, quedará patente que a realidade depende o ollo de quen o mira e da forma elixida para expresala, sobre todo tendo en conta que no grupo de artistas hai pintores, escultores, fotógrafos, poetas e escritores de narrativa.
O bo tempo acompañou os artistas, que traballaron entre as 16.30 e as 19 horas. Tras recoller os seus bártulos continuaron cos actos marcados pola intensa axenda do día, que concluíu no balneario coa inauguración da exposición coas obras doadas polos artistas que hai practicamente un ano tomaron ao asalto a Carballeira de Santa Minia para inmortalizala.
A xornada artística continúa hoxe cunha segunda sesión de traballo en Luaña e coa pintura dun cadro que os convidados intercambiará entre si cando rematen estes Encontros.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion