versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A reciclaxe e a recollida selectiva centran os actos brioneses do día do medio

[05/06/2008]

O municipio de Brión celebra hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente cun programa de actividades específico para cada grupo de idades. A oferta arranca ás 11 horas nos distintos centros escolares con talleres de reciclaxe e xogos de educación ambiental nos que participarán nenos de entre 3 e 6 anos. A esa mesma hora, o rexedor brionés, Xosé Luís García, recibirá dos nenos da gardaría un mural do municipio deseñado por estes escolares.
A partir das sete da tarde, a biblioteca municipal acollerá unha charla sobre a recollida selectiva e a xestión de residuos no complexo ambiental de Lousame, no que se tratan os residuos xerados pola poboación brionesa. Unha hora despois, está programada unha segunda charla sobre o proxecto Amorodo, no que ademais de Brión participan os municipios de Ames e Rois, co obxectivo de fomentar o cultivo de produtos biolóxicos.
As charlas concluirán cunha degustación dos produtos elaborados con alimentos das explotacións adscritas ao plan Amorodo. O menú inclúe queixos, chourizos, pan, tortillas e distintos tipos de doces.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion