versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un total de 88 nenos empadroados en Brión teñen confirmada a súa praza na escola infantil

[05/06/2008]

A escola infantil de Brión poderá ter o próximo curso un total de 88 nenos con idades comprendidas entre o tres meses e os tres anos, segundo os datos que forman parte do ditame da comisión de baremación das prazas, que emitiu o seu ditame o pasado 29 de maio. Para o próximo curso está confirmada a continuidade de 44 pequenos, un número practicamente idéntico ao que se inscribiron por vez primeira neste centro educativo de atención á infancia. Destes 42 nenos con praza asignada hai dez a concesión das cales está condicionada.
AOS datos citados anteriormente hai que engadir cinco solicitudes que non foron atendidas, tres porque os nenos non teñen a idade mínima de tres meses para acudir á gardaría e dous porque as súas familias presentaron a instancia fose do período establecido para iso. As familias afectadas por esta situación poden presentar unha reclamación ante o Concello. O prazo para facelo remata hoxe.
Durante o curso que agora conclúe, a gardaría municipal de Brión contou cun total de 72 alumnos, dezaseis menos que os que podería ter a partir de setembro se todas as familias que conseguiron praza a ocupan. En caso de que existan reclamacións, o número final de alumnos do centro podería superar os noventa.
A escola infantil de Brión está xestionada directamente polo Concello que descartou incluirse na rede de galescolas porque considera que este cambio resulta máis gravoso para o Concello que o actual sistema.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion