versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión e Ordes celebran hoxe os actos do Día Mundial do Medio

[05/06/2008]

Talleres e circuítos sobre o cambio climático serán as principais actividades.
Os concellos de Ordes e Brión celebrarán hoxe distintos actos con motivo do Día Mundial do Medio. Así, en Ordes, a alameda acollerá hoxe, xoves, un circuíto ambiental no que os veciños aprenderán diversos conceptos sobre o cambio climático. O circuíto terá lugar entre as once da mañá e as dúas de tarde e durante estas tres horas, o Concello instalará mesas de traballo en lñas que se elaborarán diversos experimentos.
En concreto, hoxe haberá tres experimentos: o efecto invernadoiro, o aumento do nivel do mar e a loita contra o cambio climático.
En Brión, o alcalde, Xosé Luis García, recibirá os pequenos da gardaría, que exporán un mural sobre o municipio no centro polivalente. Dende as once da mañá, os distintos centros escolares do municipio acollerán unha serie de obradoiros de reciclaxe. Pola tarde haberá unhas charlas na bilioteca municipal sobre a recollida selectiva e a xestión de residuos no complexo medio ambiental de Barbanza. A charla será impartida por a técnico Marta Domínguez.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion