versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello brionés contratará dez persoas para obras públicas e tarefas de limpeza

[04/06/2008]

O Concello de Brión incrementará de forma temporal o seu equipo coa contratación de dez persoas, que se encargarán de executar obras públicas no municipio e de asumir tarefas de limpeza.
En concreto, o Concello contratará seis albaneis, dous peóns de obras e dous peóns de limpeza, que comezarán a traballar o próximo día 16.
A selección destes operarios realizarase o próximo día 12 mediante o sistema de entrevista persoal. As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán presentar a súa solicitude cos seus datos antes do próximo día 10 nas propias dependencias municipais, situadas en Pedrouzos, na Carballeira de Santa Minia.

Condicións laborais
O Concello recorda que «estes dez traballadores terán un contrato por obra ou servizo, cuxa duración dependerá dás obras públicas municipais que se realicen».
As retribucións establecidas para o persoal que finalmente resulte contratado será o que establece o convenio colectivo do sector da construción na provincia de A Coruña.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion