versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Trinta artistas de toda Galicia participarán no III Encontro de Arte celebrado en Brión

[03/06/2008]

Trinta artistas procedentes de diversos puntos de Galicia parestarán entre os días 6 e 8 de xuño na terceira edición dos Encontros coa Arte que organiza o Concello de Brión. Este proxecto cultural dedicarase neste ano ó escritor ourensán Eduardo Blanco Amor, despois de que nas dúas edicións anteriores se homenaxeara a Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro.
Poetas, escritores, pintores escultores e fotógrafos, ofrecerán durante estes días a súa visión do municipio brionés. Así, están previstas sesión de pintura ó natural en enclaves como a carballeira de Santa Minia, a parroquia de Luaña ou o río Pego. Cada un dos artistas participantes doará unha das súas obras como xa é costume, que pasará a formar parte do futuro museo de Arte do Concello de Brión.Ademáis, coas obras doadas farase unha exposición e un catálogo que recollerá unha recompilación destas xornadas de lembrando a Blanco Amor.
Os actos comenzarán o día 6 coa inauguración da exposición fotográfica A ollada do desexo, que recolle a obra fotográfica de Eduardo Blanco Amor entre os anos 1933 e 1973. Esa mesma tarde terá lugar o primeiro día de pintura natural, que continuará o sábado. Este mesmo día, os artistas realizarán un cadro de intercambio, coa técnica que desexen. Estas obras se sortearán o domingo entre os propios artistas durante o xantar de despedida.
Na xornada de clausura, celebrarase ademais un recital poético e unha charla de Manuel Guede Oliva sobre a relación de Blanco Amor e o teatro.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion