versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames e Brión contarán cunha planta potabilizadora no verán de 2009

[03/06/2008]

A instalación conectarase ao Tambre e situarase no ámbito de Ponte Maceira. A súa adxudicación está prevista en outubro e nun futuro incorporaranse Negreira e A Baña.
Os alcaldes de Ames, Carlos Fernández e o de Brión, José Luis García, asinaron un convenio co conselleiro de Medio para a creación dunha planta potabilizadora no río Tambre, que "practicamente" garantirá o saneamento de ambos os dous municipios, que polo seu "espectacular" crecemento se enfrontan a "unha situación importante de carencia de agua".
Vázquez confiou en que esta infraestrutura poderá estar operativa en verán de 2009 cun custo total de oito millóns de euros, dos que cada un dos municipios aboará un 10% sen que este custo reverta nos impostos dos vecinos.
Presumiblemente, a creación desta planta será unha solución integral aos problemas de carencia de auga nestes dous municipios e garante a subministración a Brión e Ames. A planta terá unha toma no Tambre, que bombeará a unha estación de tratamento de augas que se situará en Ponte Maceira, a cal impulsará auga para os dous concellos citados, contemplando ademais a incorporación nun futuro dos concellos de A Baña e Negreira. Está previsto que en outubro se poida licitar e adxudicar a obra.
Ambos os dous alcaldes recordaron que se trataba dunha antiga aspiración. Carlos Fernández recordou que aos poucos días de entrar na alcaldía, Ames sufriu o corte de auga máis grande do seu historia.
Foi aí onde o Concello amiense houbo de solicitar a Santiago o abastecemento de auga procedente do Tambre, que agora cristaliza coa autorización desta potabilizadora para Ames e Brión.

OTRAS OBRAS
Asinan o convenio para levar o paseo fluvial negreirés ao refuxio de Covas
O alcalde de Negreira asinaba a pasada semana o convenio co conselleiro de Medio, Manuel Vázquez, para así poder levar o paseo fluvial dende a vila ata o refuxio de Covas, en dúas anualidades e por importe de 254.811 euros, para ter lista a infraestrutura en 2010.
Pola súa banda, o Concello traballa xa nas bases para sacar a licitación a obra que, a diferencia do anterior tramo urbano -aínda inconcluso non ter saída coa vila-, terá un mínimo impacto sobre as marxes fluviales.
A actuación incluirá a instalación de equipo urbano, así como de pasarelas para enlazar as sendas, que irán en zigzag.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion