versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Puxemos en marcha todolos servizos previstos

[03/06/2008]

Toda esta sucesión de incumprimentos converteu, sen lugar a dúbidas, ao transporte comarcal, na grande materia pendente da Dirección Xeral de Transportes, que foi tropezando con distintos escollos á hora de poñer en marcha o que aínda é un proxecto, malia que se presentou hai xa vinte meses.
Fontes de Política Territorial corroboraron a este semanario que os concellos mantiñan esa débeda, e que todos os alcaldes recibiran unha notificación ( en marzo de 2008) para que fixesen efectivos os pagamentos. A este respecto engadiron "nós cumprimos con todos os servizos previstos", algo que non parece doado de entender, tendo en conta que os prazos foron continuamente alterados. Sen ir máis lonxe, Tierras puido saber que o horizonte para a implantación da nova tarxeta coas melloras correspondentes se marca a finais do presente ano.
En canto á unificación tarifaria, nos últimos meses reiteráronse as disfuncións tarifarias entre as distintas empresas. De feito, usuarios de Teo ou Brión víronse obrigados a aboar distintas tarifas no mesmo traxecto (0,69 e 0,71 céntimos de euro). A falta de información ao viaxeiro volveu ser o cabalo de batalla xa que mentres o prezo subiu a 0,71, inexplicablemente, a web do Plan Metropolitano permanece sen actualizar e segue reflectindo a primeira das tarifas, que ascendía a 0,67 céntimos de euro.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion