versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Longa secuencia de incumprimentos

[03/06/2008]

Dende as primeiras negociacións ata a actualidade pasaron máis de oito anos. O plan presentouse oficialmente en outubro de 2006 e aínda existen irregularidades.
A posta en marcha e funcionamento do transporte metropolitano estivo suxeito a unha serie de idas e vindas e compromisos incumpridos. Oito anos e dous gobernos autonómicos de distinto signo non conseguiron sacar adiante o denominado Plan de Transporte Metropolitano, que, a día de hoxe, segue sendo unha incógnita. Estes son algúns capítulos desa longa secuencia:

16 marzo 2000. Os medios de comunicación facíanse eco do resultado das negociacións dos concellos da bisbarra compostelana, que acordaban a posta en marcha dun plan de transporte comarcal. Evidentemente, aquilo non foi senón unha declaración de intencións que tardaría anos en poñerse sobre o papel.

Xuño 2000. Arranca o transporte comarcal cun novo autobús dende Ames e Brión.

Agosto 2003. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anuncia que o reconstruído edificio Castromil será a central comarcal dos buses metropolitanos. Dous anos despois, esta vistosa proposta aparcaríase".

Marzo 2005. Sinatura do primeiro convenio entre a Xunta de Galicia, (co Goberno do PP) os concellos e as operadoras para a posta en marcha do Plan Metropolitano. A sinatura do convenio non carrexou ningunha mellora e os alcaldes empezaron a pedir solucións. A falta de información, o mobiliario urbano e os atrasos xa empezaban a ser os grandes problemas. Aprobouse un novo acordo entre as partes para que comezase en maio. Estabamos en 2005.

14 xaneiro 2006. Un novo borrador de convenio entre a Xunta (agora do PSOE) e todas as partes substitúe o anterior. En esencia non parece haber grandes cambios pero "certos flocos" impiden dar prazos para a posta en marcha do autobús comarcal

2 outubro 2006. Seis anos despois dos primeiros pasos da Mancomunidade, preséntase oficialmente o Plan de Transporte Metropolitano de Compostela. A conselleira, María José Caride, que non quere dar prazos concretos para o funcionamento total do servizo, márcase como obxectivo fomentar o transporte público.

27 xullo 2007. Ultimato dos alcaldes ante as deficiencias do servizo. Un mes despois, a Consellería comprométese a entregar os horarios e frecuencias antes do 15 de setembro. Aínda hoxe, a maio de 2008 non chegaron.

O BUS, POR CONCELLOS
AMES. Están instaladas as marquesiñas, os horarios non se cumpren e carecen de paneis informativos. Os buses non contan coa imaxe corporativa.
BOQUEIXÓN. Faltan marquesiñas por instalar e mesmo algunhas das canceladoras.
BRIÓN. O Concello tivo que instalar os horarios nas marquesiñas. As tarifas, finalmente, están unificadas e os horarios melloraron dende a posta en funcionamento da AG-56. Sen logo.
OROSO. Non se completou nin a instalación do mobiliario urbano nin dos paneis informativos. Sen logo.
TEO. Non hai unificación tarifaria nin información. Os horarios son irregulares. Sen logo.
VAL DO DUBRA. Aínda existen deficiencias con respecto ao mobiliario urbano e aos paneis informativos. Cren que as frecuencias resultan insuficientes. Sen imaxe corporativa.
VEDRA. Faltan marquesiñas, os horarios non están plastificados e non se aumentou o número de frecuencias. Sen logo.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion