versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Pinceladas do natural

[29/05/2008]

Brión dedícalle ao escritor Eduardo Blanco Amor o III Encontro coa Arte que reunirá 30 artistas no concello do 6 ao 8 de xuño.
O escritor ourensán Eduardo Blanco Amor será homenaxeado polo concello de Brión na terceira edición dos Encontros coa Arte que traerán á vila coruñesa trinta artistas (poetas, escritores ou escultores) entre o 6 e o 8 de xuño. "Trátase de reunir creadores de renome para que, dende a súa visión, nos digan como ven Brión dende fóra", explicou onte a concelleira de Cultura do concello, Patricia Vázquez Lamas.
Na actividade participarán Alfonso Costa, Alfredo Erias, Ángeles Jorreto, Antón Sobral, Beatriz Ansede, Carlos Jimeno, Carlos Lema, Carlos Pereira, Carmen Hermo, Concha Díaz, Chelo Rodríguez, Enrique Ochotorena, Eva Veiga, Frutos Casado de Lucas, Isabel Pintado, Jaime Galdeano, Jano Muñoz, J. Daniel Buján, José Cabello, José Francisco Escudero, José María Ysmer, Juan Moreno, Laureano Vidal, Lola Beade, Luís Romero, Manuel Ayaso, Manuel Gandullo, Manuel Guede, Manuela Vázquez, María Manuela, María Suárez, María Xesúa Díaz, Nuria Vilanova, Pablo Bouza, Pedro Bueno, Rafa Alonso, Rafa Arroyo, Ramón Astray, Ramón Conde, Ricardo Rilo, Sonia Omil, Tino Poza, Víctor Freixanes, Víctor Rey, X. Vázquez Castro, Xosé Vizoso e Yolanda carbajales. Logo de dedicarlles as anteriores edicións a Rosalía de Castro e a Álvaro Cunqueiro, o Encontro deste ano comeza o venres da semana vindeira, 6 de xuño, cunha recepción no Hotel Casa Rosalía de Brión ao que lle seguirá un xantar no restaurante Casa Filiberto do concello coruñés. Nesta primeira xornada, os artistas participantes comezarán a súa actividade creativa na carballeira de Santa Minia, como se fixo dende a primeira edición dos Encontros. No Centro Social, o alcalde de Brión recibirá os artistas participantes e inagura a exposición de fotografias A ollada do desexo, a obra fotográfica 1933-1973 de Eduardo Blanco Amor.
Logo da cea, celebrarase unha conferencia sobre Blanco Amor, a cargo de Galaxia, na que intervirán o director da editorial, Víctor Freixanes, ou ben o seu director de edicións, Carlos Lema. Como peche desta primeira xornada, haberá unha actuación musical que os organizadores dos Encontros queren deixar como "sorpresa" para os participantes.
O día seguinte, 7 de xuño, arrincará na parroquia de Luaña onde terá lugar unha sesión de pintura do natural. O xantar será nesta ocasión en Casa Ruso na parroquia de Ons e pola tarde seguirán co obradoiro de pintura que incluirá a creación de cadros que se intercambiarán entre os propios artistas como recordo do Encontro. Tras a cea, Manuel Guede ofrecerá un faladoiro sobre Blanco Amor e o teatro, mais haberá un recital poético a cargo de Eva Veiga, Carlos Pereira e Pablo Bouza.
O Encontro rematará o domingo, día 8, coa entrega das obras resultantes ao concello.

O PUNTO FINAL
Con intercambio de lenzos
O domingo, día 8, será a xornada de despedida e peche do Encontro cunha sesión de pintura do natural no río Pego de Brión. Entre elas, os participantes elexirán as obras que van ser doadas ao concello e que formarán parte da pinacoteca do futuro Museo de Arte Municipal.
Con estes fondos farase a exposición do an vindeiro "Lembrando a Blanco Amor". Ademais, dende o primeiro día instalouse un lenzo mural onde os participantes e as autoridades do concello deixaron a súa pegada como lembranza deste III Encontro. Ademais entregaráselle aos artistas un lenzo de pequeno formato, que pintarán de temática libre durante os días do encontro. Estes cadros sortearanse entre os propios artistas no xantar de irmandade e despedida e servirán como cadro de intercambio. Ademais, o primeiro día, o 6 de xuño, inaugurarase no Hotel Balneario de Compostela outra exposición coas obras da experiencia do ano pasado, dedicada a Cunqueiro.
 



Enlace a Galicia Hoxe

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion