versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames e Brión terán agua potable para o doble da población actual

[27/05/2008]

Medio Ambiente financiará o 80% das obras dunha nova planta potabilizadora prevista para o 2009.
Os municipios de Ames e Brión, que conforman a área xeográfica do Val de Amaía, poderán dicir dentro dun ano adeus definitivamente aos problemas de subministración de auga que sofren, sobre todo nos meses estivales.
Os alcaldes de ambos os dous concellos, Carlos Fernández, e Xosé Luís García, presentaron onte, acompañados do conselleiro de Medio, Manuel Vázquez, o proxecto de construción dunha nova condución de auga dende o Tambre, que chegará a unha planta potabilizadora prevista en Ponte Maceira, nunha zona de certa altura para evitar posibles inundacións e cunha rede de conducións de cinco kilómetros.
O custo do proxecto rolda os 8,2 millóns de euros. Medio asumirá o 80% do presuposto final, correspondéndolle a porcentaxe restante a ambos os dous os concellos. Unha vez que esta obra estea rematada, a planta terá capacidade para abastecer de auga potable unha poboación de cen mil habitantes, é dicir, máis do dobre do censo actual.
O proxecto deseñouse tendo en conta tamén que é máis que probable que municipios próximos como Negreira e A Baña acaben necesitando máis auga e por iso xa se formula a posibilidade de que poidan facelo nesta mesma planta, que ocupará unha superficie aproximada de vinte mil metros cadrados, pertencentes ao Concello de Ames.
Tras a presentación da iniciativa, a obra deberá contar co visto bo das respectivas corporacións de Ames e Brión. Os prazos cos que traballa Medio establecen que antes de que remate o ano o consello de la Xunta avale a obra e que antes de que arranque o 2009 se proceda á licitación das obras.
A previsión final é que a nova planta de abastecemento poida estar lista antes do verán do 2009, xa que é nesta época de ano cando se producen maiores problemas para a subministración de auga potable.
Para a definición técnica deste proxecto tamén se tivo en conta a previsión de futuras zonas industriais que necesitarían subministración de auga potable.
Carlos Fernández e Xosé Luís García, expresaron onte ante o conselleiro de Medio a súa satisfacción polo arranque deste equipamento básico, dado que os problemas de subministración na zona son cada vez maiores debido fundamentalmente ao incremento de padrón de vivendas e de novos habitantes. Ambos os dous rexedores recoñeceron que a obra lles quitará un gran peso de encima.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion