versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Educación garante o Bacharelato no IES de Brión para o próximo curso

[27/05/2008]

A Consellería estuda agora a modalidade que ofertará o centro.
A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación, remitía o pasado venres unha comunicación á dirección do Instituto de Ensino Secundario de Brión confirmando que o centro disporá de Bacharelato o próximo curso. Nesta liña a Consellería mantén que o IES ofertará ningunha das modalidades de Bacharelato no curso escolar 2008/09.
Non obstante, o escrito remitido pola Administración galega non aclara cál será o itinerario educativo que se ofertará, xa que está a estudar actualmente a modalidade a impartir no centro. A decisión faraa pública en datas próximas.
Respecto ás matriculacións, a Consellería de Educación insiste en que o alumnado de Bacharelato non inicia a presentación de solicitudes ata o 17 de xuño, segundo a Orde do 19 de febreiro de 2008 por a que se establecen os prazos de presentación de solicitudes para a admisión de alumnado nos centros sostidos con fondos públicos "polo que hai tempo abondo para poder atender a demanda" recalca a directora de Innovación Educativa, Marisé Pérez Mariño.
Educación pide a dirección do IES que notifique a decisión á Asociación de Nais e Pais (ANPA). O presidente da devandita entidade, Jacobo Remuñán, recibiu con satisfacción a nova e sinalou que "era o único que pediamos e estamos contentos de que se materializara".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion