versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames e Brión terán unha planta potabilizadora en verán de 2009

[27/05/2008]

Estará situada en Ponte Maceira. Custará oito millóns de euros e os concellos afrontarán un dez por cento sen que reverta nos impostos dos veciños ·· Pretenden que se poida licitar no mes de outubro.
O conselleiro de Medio, Manuel Vázquez, anunciou onte aos alcaldes de Ames, Carlos Fernández, e de Brión, José Luis García, a creación dunha planta potabilizadora no río Tambre, que "practicamente" garantirá o saneamento de ambos os dous municipios, que polo seu "espectacular" crecemento se enfrontan a "unha situación importante de carencia de auga".
Ademais, apuntou que esta infraestrutura constitúe "unha dos mellores investimentos de futuro" de Galicia e confiou en que, para o verán de 2009, se atope operativa. Tamén indicou que terá un custo de máis de oito millóns de euros, dos que cada municipio afrontará un 10 por cento sen que os veciños sufran unha suba dos seus impostos.
En alusión á situación de carencia de auga nestas localidades veciñas á capital galega, recordou que "sempre" se buscaban solucións "puntuais" para manter o abastecemento. Non obstante, aplaudiu que a creación desta planta sexa unha solución "integral" que garante "practicamente" o futuro do abastecemento nos concellos de Brión e Ames.
Cunha toma no río Tambre que bombeará a unha estación de tratamento de augas potables que se situará en Ponte Maceira impulsará auga para os dous concellos. Deste modo, segundo explicou o titular de Medio, os alcaldes implicados nunha primeira fase serán os encargados de discutir e aprobar o proxecto nas súas respectivas corporacións municipais para que, no próximo mes de outubro, se poida proceder a licitar e adxudicar a obra.

Agradecementos
Ambos os dous alcaldes recordaron que a potabilizadora é unha antiga aspiración. O rexedor amiense recoñeceu pouco despois da sinatura do convenio que o verán "era un sinvivir" para o goberno local, que tiña que estar a sempre vixiar o nivel de auga. Fernández recordou que aos catro días de chegar ao goberno municipal, en 2003, Ames sufriu o maior corte de auga de toda a súa historia, que afectou a máis de 11.000 veciños e engadiu que estes "non se decatan ata que lles falta a auga da billa".
Por iso, presentou un "super- agradecemento" a Vázquez por un proxecto que lle causa "unha alegría inmensa" e explicou que ambos os dous alcaldes "estaban sempre a buscar acordos" para transvasar a auga dun municipio a outro". Na mesma liña, o alcalde de Brión, José Luis García, recordou un episodio de seca que coincidiu coas festas locais, o pasado un de agosto, cando foi "imposible" recibir auga de municipios próximos, polo que tamén aplaudiu a creación desta planta potabilizadora no río Tambre.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion