versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha xestora redactará para a seman os estatutos da nova asociación de empresarios de Brión

[18/05/2008]

Medio cento de empresarios e comerciantes de Brión reuníronse o venres no centro social polivalente para constituír a nova asociación do sector. Aínda que sete empresarios mostraron o seu interese en formar parte da directiva, o pleno da asemblea pospuxo esta elección ata ter redactado o borrador dos estatutos e unha proposta de actuacións inmediatas.
A asemblea elixiu a unha comisión xestora, integrada inicialmente por eses sete empresarios interesados, para que o próximo venres presenten o borrador no Hotel Balneario Compostela (20.00 horas).
A axente de desenvolvemento local de Brión, Elisa Iglesias, colaborará con estes empresarios na redacción dos estatutos e na elaboración dunha serie de propostas tendentes a aglutinar á maioría do sector.
En Brión hai un total de 250 empresarios. O alcalde brionés, Xosé Luis García, asegurou que «estamos non momento de empezar a facer cousas», polo que lles prometeu a máxima colaboración municipal, incluíndo unha páxina web promocional
Tras a reunión do próximo venres, o Concello fará unha nova convocatoria para elixir á xunta directiva e a un presidente.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion