versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Empresarios de A Baña e Brión crean novas entidades profesionais

[15/05/2008]

A mahiana constitúese mañá. A barcalesa ten xestora e arrancará a próxima semana.
A Baña e Brión terán en cuestión de días novas asociacións profesionais de empresarios e comerciantes. Así, mentres que no municipio mahiano ten previsto celebrar a asemblea constituínte mañá, ás 21.00 horas no centro social, os barcaleses farán o propio a finais da próxima semana, na casa de cultura de San Vicente.
Con respecto á iniciativa brionesa, nace con apoio do Concello, como transmitía o alcalde por carta a todos os comerciantes e empresarios locais, poñendo á súa disposición servizos municipais como "formación, publicidade, páxina web, conta de correo electrónico ou bolsa de emprego, entre outros," apuntaba o rexedor Xosé Luis García.
Na Baña por o de pronto existe unha xestora presidida por Santiago Seoane e con Rafael Vieito como secretario. Calculan que poden ter sobre 170 socios potenciais, aínda que se darían por satisfeitos con contar con preto de 80 para dar os seus primeiros pasos. Ademais de contar con NIF, os seus estatutos recibiron xa o visto bo da Xunta. Decláranse totalmente apolíticos, e consideran fundamental a posta en marcha do polígono industrial, o desenvolvemento de comunicacións e as feiras locais. Pretenden ter oficina e persoal.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion