versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pon en marcha un servizo para a recollida de aceites usados

[10/05/2008]

O Concello e a Plataforma polo Emprego asinaron onte un acordo ·· Terá carácter gratuíto para todos os veciños ·· El Concello dará a coñecer os detalles a empresas do municipio nos próximos días.
O Concello de Brión contará cun servizo de recollida gratuíta de aceite vexetal usado. Así o acordaron onte o alcalde de Brión, José Luis García, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández Blanco.
Con este novo servizo, o Concello pretenden ampliar os obxectivos formulados coa campaña de recollida selectiva aos aceites "usados en todo o termo municipal de Brión para a súa posterior reciclaxe", sinalou García, que engadiu que deste xeito se intentará evitar que estes residuos se vercan xunto a outras augas domésticas, tendo en conta ademais que o Concello de Brión non conta con punto limpo.
O Concello de Brión contactará nos próximos días con distintos establecementos hostaleiros do municipio para presentarlles este novo servizo e realizará paralelamente unha campaña de promoción. O obxectivo é que todos os establecementos de restauración conten con depósitos adecuados para recoller o aceite vexetal usado que se produce nas súas cociñas.
Ademais, José Luis García confirma que tamén se instalarán depósitos nos colexios co fin de concienciar os máis pequenos, así como noutros puntos como o local do Servizo de Emerxencias ou o centro social.
A instalación dos colectores comezará a próxima semana. A recollida, que correrá a cargo da Plataforma polo Emprego, será periódica e gratuíta para os establecementos que queiran colaborar. Esta asociación presta servizo en Santiago, Ames, Teo, Muros, Carnota, Pontecesures e Lousame. O aceite vexetal recollido en Brión será trasladado a unha planta de xestión de Lalín e, posteriormente, a Euskadi.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion