versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Noitebús tivo máis de catro mil usuarios da bisbarra no primeiro cuatrimestre do ano

[09/05/2008]

O eixe entre Brión e Santiago é o que ten maior demanda do ámbito.
As liñas de Noitebús da bisbarra compostelana superaron en máis de catro mil o número de usuarios no período abranguido entre o pasado 10 de xaneiro e o 30 de abril.
O maior número de viaxeiros correspóndese ás liñas que comunican Brión e Bertamiráns co Ensanche de Santiago, aínda que o volume de usuarios é moi significativo nos traxectos que, aínda que non teñen como punto de partida o núcleo de Milladoiro (Ames), si o fan de enclaves próximos, como Firmistáns, Raíces, e mesmo Calo, neste último caso pertencente ao concello de Teo.
Aínda que a práctica totalidade das liñas de bus nocturno teñen como destino a capital compostelana, existe un itinerario cunha elevada demanda, 117 servizos, entre o concello compostelano de Val do Dubra e o concello xalleiro de Santa Camba, verdadeira capital da movida do interior de Galicia.
Ente as consideradas rutas compostelanas destaca sobremanera a liña que discorre polos termos municipais de de Negreira, Brión, Ames e Santiago, cun total de 1.932 servizos prestados.
En segundo lugar atopa o traxecto entre Pedrouzos (Brión) e Santiago con 774 servizos, que en boa medida proceden da zona amiense de Bertamiráns.
O traxecto entre Firmistáns (Ames) e Santiago rolda o medio millar de usuarios durante os catro primeiros meses deste ano. Dunha zona próxima, concretamente Raíces, salgue outra liña de Noitebús, que suma, segundo os últimos datos facilitados pola Dirección Xeral de Transporte, un total de 150 usuarios.
En canto aos servizos prestados dende o concello de Teo destaca a liña entre Pontevea e Santiago, que recolle aos mozos de Cacheiras.
Neste caso o número de servizos de ida e volta supera os 450. Nunha proporción menor sitúase o tramo entre Calo, pasando por Luou e Santiago, con 155 usuarios, parte dos cales tamén corresponden a novos de Ames.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion