versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Axudas para a compra dun ordenador persoal para alumnos de educación primaria e secundaria durante o ano 2007

[08/03/2007]

O Concello de Brión e a Xunta de Galicia convocan unha serie de axudas para a compra de ordenadores persoais para alumnos de primaria e secundaria durante o ano 2007.

Orde do 23 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2007 (DOG nº 44, de 2 de marzo de 2007)

DESTINATARIOS:
– Familias con menos recursos
– Alumnos que estean matriculados en centros sostidos con fondos públicos nalgún dos cursos de educación primaria ou da ESO

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
– Copia do DNI do solicitante (pai, nai ou titor/a legal)
– Fotocopia compulsada do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar
– Fotocopia compulsada do certificado de minusvalía no caso de que haxa algún membro da unidade familiar con esa condición
– Certificado bancario ou documento orixinal, facilitado pola entidade bancaria, na que conste a conta corrente aberta a nome do solicitante (pai, nai ou titor/a legal)

PRAZO:
Ata o día 30 de marzo

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Departamento de Servicios Sociais
Centro Social Polivalente
Avda. de Santa Minia, nº 46
15865—BRIÓN
 



enlace a concello de brión

 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion