versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Garda Civil de Tráfico utiliza xa o radar móbil na autovía de Brión tres meses despois da súa apertura

[09/05/2008]

Cando aínda resta unha semana para que se cumpran tres meses dende a entrada en funcionamento da autovía Santiago-Brión (AG-56), a Garda Civil de Tráfico xa utiliza nesa estrada os seus sistemas automáticos de detección de infractores. Onte ao mediodía, un axente do corpo estacionou un coche camuflado dotado dun radar móbil xunto aos elementos de sinalización dunha das saídas do trazado, de modo que ese auto resultaba difícil de identificar dende a distancia.
O medidor estaba disposto de tal forma que captaba as velocidades ás que circulaban os turismos sobre a calzada reservada para desprazamentos en sentido Bertamiráns-Compostela. Uns centos de metros máis adiante, unha patrulla de compañeiros do anterior ordenaba deterse aqueles condutores que foran sorprendidos circulando máis rápido do permitido.
Nun 92% da AG-56, debido ao elevado número de enlaces en tan curto espazo físico, as autoridades determinaron que non se pode viaxar a máis de 100 quilómetros por hora e os radares de Tráfico adoitan activarse cando os topes establecidos se exceden nun 10%, ou sexa, para o caso, a partir de 111. Non obstante, dada a calidade do firme asfáltico e o correcto trazado da infraestrutura, centos de persoas cada día adoitan percorrela a entre 115 e 130 por hora, se non a máis velocidade.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion