versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión instala as bandeiras fronte á casa do concello tras a denuncia do PP ante o Valedor

[08/05/2008]

O Concello de Brión resolveu a polémica co Partido Popular pola instalación das bandeiras na fachada da casa consistorial, situada en Santa Minia.
Estas mesmas bandeiras, que se retiraron da fachada da casa do concello cando se remodelou a praza, hai case dous anos, permanecían ata agora no salón de plenos. Con todo, o rexedor brionés, o socialista Xosé Luís García anunciou que «dentro dun tempo teremos que volvelos retirar para cando cambiemos de edificio.
A instalación dos tres símbolos prodúcese despois de que o PP instase ao goberno local a facer cumprir a lei de símbolos, que establece que as bandeiras ondeen nas fachadas das casas do concello. O PP optou por presentar unha queixa ante o Valedor a este respecto.

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion