versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión ultima o programa da Feira do Libro

[22/04/2008]

O Concello de Brión está ultimando a programación da Feira do Libro, que se celebrará entre o 12 e o 30 de maio e que chega ao seu decimoctava edición. O departamento de Cultura traballa na organización dunha veintena de actividades, que estarán especialmente dirixidas aos escolares do IES de Brión e do CEIP de Pedrouzos. Combinarán recitais literarios, espectáculos teatrais e contacontos con exposicións e conferencias destinadas a promover o libro e a lectura. A biblioteca municipal acollerá unha exposición de novidades editoriais en galego. Neses días presentarase o novo libro de Clodio González Pérez sobre a figura de Xosé María Álvarez Blázquez.
Durante esta feira do libro terá lugar a cuarta edición do certamen de debuxo As letras na carballeira, organizado pola asociación A Carballeira e o Concello de Brión.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion