Os datos do censo confirman unha poboación de 7.104 veciños
[17/04/2008]
Un dos asuntos analizados durante o pleno foron as últimas cifras oficiais de poboación, que establecen un censo en Brión de 7.104 veciños, dos cales 3.439 son mulleres e 3.665 varóns.
Trala aprobación das cifras oficiais, que se fixo por unanimidade, o portavoz do BNG, Xesús Pena, aludiu ao escaso incremento do censo respecto ao ano pasado, pese a que si existe constancia de que a poboación real de Brión incrementouse en maior medida.
García recoñeceu que de forma periódica o Concello promove campañas para favorecer o empadronamento, dado que o Concello debe prestar todos os servizos sen distinción, co consiguinte custo que supón ofrecelos a habitantes polos que a Administración local non recibe fondos económicos.
Enlace a La Voz de Galicia