versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cinco mil metros en Brión para vivendas protexidas

[17/04/2008]

O pleno aprobou 3 plans de sectorización. Tomé recordou que o PP actual non votou si ao Plan Xeral.

Nun pleno que tivo o urbanismo como eixe central, a Corporación de Brión aprobou onte, cos votos a favor do equipo de goberno os plans de sectorización de Liñares 1, Liñares 2 e Quintáns. Estes tres proxectos reservan un total de 4.860 metros cadrados para a construción efectiva de vivendas de protección oficial. O PP brionés votou negativamente aos tres proxectos e o BNG abstívose no último.

No transcurso da sesión reproducíronse os enfrontamentos verbales xa habituais entre o alcalde, José Luís García, e o portavoz popular, Carlos Tomé, que volveu ser crítico co PXOM e á puntualización de García de que o PP votara afirmativamente ao Plan Xeral, o popular recordou que "os concelleiros do PP que estamos agora non somos os mesmos que no ano 2003".

García aplicou a súa maioría e rexeitou unha a unha a urxencia das mocions presentadas polo PP respecto das bandeiras na casa consistorial, o mantemento dos puntos de luz e o transporte comarcal. Nesta última, o alcalde admitiu que "o transporte pódese mellorar moito", pero non admitiu a urxencia da proposta popular, baseada na existencia de dúas tarifas distintas. García manifestou que, segundo unha orde do 6 de marzo de 2008, actualizáronse os prezos, que neste momento son de 0,71 euros por viaxe.

Volvendo ao urbanismo, o grupo de goberno tamén rexeitou a urxencia dunha moción do BNG que pedía chan para vivendas de protección. García aclarou que era unha competencia da Consellería de Vivenda e engadiu que eses case 5.000 metros poñeranse a disposición da Xunta para a execución de máis de 50 pisos de protección.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion