O alcalde de Brión e o Presidente da Deputación firman un convenio para a construcción do novo campo de fútbol municipal.
[05/02/2007]
Ana Valín
O custo total deste proxecto ascende a 398.805,55 euros dos que o Concello aporta 79.798,59 € e a Deputación 319.006,96 euros.
O alcalde de Brión; José Luis García vén de firmar un
convenio co Presidente da Deputación da Coruña para a construcción dun
campo de fútbol no municipio. Nestes momentos Brión carece de campo xa
que os terrenos foros cedidos para construir o instituto de secundaria.
O campo en cuestión situarase nunha parcela de 12.000 metros cadrados,
na agra de Pedrouzos. O custo total deste proxecto ascende a 398.805,55
euros dos que o Concello aporta 79.798,59 € e a Deputación 319.006,96
euros.
A primeira fase de construcción consiste na execución do peche, para o
que se levantarán uns muros de contención de formigón por todo o
perímetro. Nesta etapa tamén se levará a cabo o pertinente movemento de
terras e a drenaxe na zona dos muros. O campo de fútbol brionés
situarase en solo urbano non consolidado, nunha parcela municipal de
cesión obligatoria (área de reparto número sete).
A segunda fase das obras está centrada no desbroce e limpeza do terreo
así como na realización da plataforma; na plantación do cesped, neste
caso césped artificial de última xeneración MONDOTURF AS 50 de 30
centímetros de profundidade; e na construcción dos vestiarios, dos
accesos, do aparcadoiro externo e da gradería. O prazo de execución
previsto será segundo o alcalde brionés de tres a catro meses. A
empresa adxudicataria e encargada das obras será a coruñesa Cuadernas.
O campo de fútbol ten unhas dimensións de 90x60 metros, ademais das
correspondentes zonas de protección de 1,5 metros entre as bandas
laterais e de 3 metros nos fondos, resultando unha superficie de herba
de 96x63 metros. O terreno será tratado para recibir o novo acabado de
césped artificial que contará:
-Creación sobre o terreno natural de cumbrera central lonxitudinal
-Sub base granular de 20 centímetros de espesor compactada ao 98%
-Capa de aglomerado tipo s12 de 5 cm de espesor
Travesías
Ademais de firmar o convenio, Moreda deu a coñecer un plan de mellora
da seguridade vial nas estradas provinciais que discorren polo
municipio brionés. Segundo o alcalde da localidade “hai necesidade
urxente de mellorar e facer travesías na zona de Liñares, Vilar,
Negreira-Urdilde e Luaña, así como beirarrúas e sanemento destas
zonas”. A resposta de Moreda foi de compromiso firme por parte da
Deputación de levar a cabo estas obras: “Estes proxectos agardo que
sexan adxudicados antes das eleccións municipais, ben no pleno de
abril, ben no pleno de maio. Se temos os terreos poderemos facelo nesas
datas. Se nos vemos na obriga de expropiar será máis lento o proceso”.
Para Moreda a execución destas obras –travesía e seguridade vial de
Liñares na CP 1301 de A Gándara a A Amanecida PK 0+370 a 0+650;
travesía e seguridade vial de Vilar na CP 1301 de A Gándara a Amanecida
PK 5+800-6+470; travesía e seguridade vial na CP 1302 Negreira a
Urdilde PK 5+470 ao 5+600 e travesía e seguridade vial de Luaña na CP
1301 de Á Gándara a A Amanecida PK 8+550 ao 8+740– “servirá para
revalorizar as fincas dos propietarios destas zonas xa que se realizará
a recollida de pluviais, abastaecemento de auga, rede de alumeado,
saneamento e beirrarúas nas dúas marxes de cada vial”. O orzamento
aproximado das obras estímase en 444.500 euros.
Ao respecto da estrada de Santa Comba, Moreda afirmou que agarda
intercambiar titularidades coa Xunta: “Estamos esperando que a Xunta
negocie coas outras tres Deputación para realizar intercambios de
titularidades. Dentro dos intercambios está a estrada de Santa Comba e
da Carballo–Portomouro–Santiago”. O intercambio débese a un sobrepaso
no orzamento da Deputación para levar a cabo estas obras.
enlace a diputacion da coruña