versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A web oficial do Concello renóvase por dentro e por fóra

[29/01/2007]

Julio Mallo
A web oficial do Concello cambia de aspecto cun deseño máis interactivo e visual. A labor de renovación correu a cargo de Julio Mallo, quen nos relata as principais novidades da páxina. “Estará activa a partir do vindeiro luns, día 29 cunha cabeceira interactiva con imaxes que van rotando feitas polo fotógrafo profesional Fuco Reyes, que é tamén Especialista en Prevención e Apoio Psicoterapeuta do Concello”, explica. A nova web aposta ademais pola accesibilidade, con menús máis fáciles de usar. “Para facela empregouse software libre (mozilla firefox:navegador libre) e de feito está optimizada para visualizala con el”, aclara.

Unha das novas seccións da web é a galería multimedia para actividades do Concello e aberta á participación cidadá. Outra das innovacións é a actualización dos datos do padrón de habitantes. “Tamén se incluíu información sobre o noso patrimonio con contidos sobre arquitectura popular, civil e relixiosa. Outra das cousas a destacar é o libro de visitas aberto á opinión da xente e a guía de comercio local, que recolle todos os comercios da zona a modo de promoción do emprego local (artesáns, supermercados, bancos...). Se abres un comercio novo podes colocar os datos na web”, conta. Finalmente destacamos o apartado para o servizo SMS Info, onde os visitantes poden descargar os impresos de solicitude deste servizo de mensaxería.

A renovación da web do concello -www.concellodebrion.org- está integrada no Plan de Alfabetización Dixital do Concello. Actualmente o equipo de goberno traballa na renovación do convenio coa USC pola web de infobrion que se presentará a principios do mes de febreiro. No segundo trimestre do ano será presentada ademais a páxina briondixital, páxina de e-administración, para realizar trámites administrativos on-line. “Briondixital ten a novidade de contar con páxinas propias para as asociacións e empresas do municipio”, remata. 



 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion