versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O proxecto ‘Traslatio’ chega ao municipio de Brión

[05/02/2007]

Dora Viero
O Concello de Brión acolle desde o pasado día 1 unha exposición fotográfica sobre a riqueza arquitectónica, etnográfica, natural e cultural do Camiño Portugués. A coordinación corre a cargo da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago e forma parte do proxecto ‘Traslatio’, iniciativa na que están implicados os Concellos de Brión, Ames, Teo e Santiago así como Concellos doutras comarcas e de Portugal. Esta proposta forma parte do programa europeo Interreg. Os interesados poderán visitar a exposición ata o vindeiro día 8 no hall no Centro Social Polivalente brionés.

A finalidade do proxecto ‘Traslatio’ é promover o Camiño Portugués como un itinerario cultural europeo da eurorrexión, recuperando e revitalizando en rede diversos elementos do noso patrimonio. Outro dos obxectivos prioritarios é reforzar a identidade do Camiño e a riqueza común vinculada á peregrinaxe cara Santiago, trazo identificador común da poboación local, que se erixe como un nexo de unión entre Galicia e o norte de Portugal. Interesa tamén contribuir a promoción conxunta do recurso, especialmente a través do uso das TIC. Para máis información podedes acudir á web do proxecto: www.traslatio.com. 



enlace a traslatio

 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion