versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión eleva o seu orzamento a 5,06 millóns cunha subida do 60 % do investimento

[27/11/2014]

O PP apoiou os orzamentos do PSOE, aínda que criticou o elevado gasto corrente e tamén no capítulo de persoal. Brión converteuse no segundo municipio da área metropolitana de Santiago en aprobar o orzamento do 2015 cunha estimación de ingresos e gastos de 5,06 millóns de euros, o que supón unha subida do 4, 77 % respecto deste exercicio.

A principal partida que resalta o grupo de goberno (PSOE), que logrou o apoio do PP e a abstención do BNG, é o incremento na partida de investimento, que segundo o cálculo municipal crece un 60 %. A maior parte deste capítulo, cuxos ingresos proceden da Deputación con cargo ao Plan de Obras e Servizos, destinaranse a melloras na rede viaria, iluminación, humanización de espazos públicos e sinalización. Ante a aceptación que tivo a instalación de bandas rugosas en Bastavales para reducir a velocidade dos vehículos, o Concello optou por colocalas tamén noutros puntos do municipio.

Un dos aspectos destacados do orzamento é a rebaixa do capítulo de persoal, debido a que houbo unha xubilación que o Concello non pode repor e este ano non hai incrementos como o consignado hai un ano para facer fronte á contratación do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES).

As contas do 2015 recollen tamén a firma de distintos convenios con entidades sen ánimo de lucro. Entre eles destaca especialmente o subscrito coa asociación de pais Rosalía de Castro para a cesión durante oito anos do terreo no que se vai a construír un patio cuberto seguindo un deseño premiado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co apoio da empresa Finsa e a fundación Deloa.

A cesión do terreo está condicionada a que teña uso educativo durante a xornada escolar.

CIFRAS

153.000 euros
Débeda municipal
O nivel de endebedamento é moi inferior á porcentaxe máxima que permite a lei

272.082 euros
Fondos para pistas
A principal achega corresponde ao Plan de Obras e Servizos da Deputación.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion