versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión homenaxea ao impulsor do Bacharelato no novo IES

[25/11/2014]

Tras catorce anos ao frente do instituto, o profesor lucense Luciano Fernández Rueda xubílase // A comunidade educativa o despide cun xantar de confraternidade. Lucense de nacemento, a súa labor docente está moi vinculada coa comarca compostelana e di que si de algo síntese orgulloso “é ter educado persoas, non alumnos”. Trátase de Luciano Fernández Rueda, que vén de xubilarse tras 14 anos como director do instituto de Brión, primeiro no antigo de Esparís e logo no novo IES, centro que axudou a impulsar e no que implantou o Bacharelato. Por todo elo a comunidade educativa quixo homenaxealo cun xantar de confraternidade no Hotel Balneario Compostela e que contou coa presenza do alcalde de Brión, Xosé Luís García.

No acto, García destacou o labor educativo de Luciano Fernández, sobre todo dirixindo o traslado dende Esparís, a apertura do novo IES e a implantación do Bacharelato no centro. Unhas tarefas nas que o docente xa tiña experiencia previa, pois traballou na implantación dos institutos do Sar (Santiago), Cacheiras (Teo) e Bertamiráns (Ames).

Luciano Fernández Rueda (Lugo, 1953), casado e cun fillo, chegou ao IES Esparís en 1999. Consciente da imposibilidade de impartir un ensino de calidade nunhas instalacións pensadas orixinalmente como colexio, fixo fronte común co Concello e a Asociación de Pais e Nais para conseguir a construción do actual IES. Para él un dos momentos máis importantes en Brión, logo da apertura da autovía, foi a consecución do Bacharelato. “Fixen referencia á necesidade de ofertar Bacharelato durante a inauguración das instalacións e o alcalde me dixo que viña de negociar co presidente da Xunta, daquela Emilio Pérez Touriño, que o ano seguinte o ofertaríamos. E así foi”, lembra.

Di Fernández que “hoxe hai un ramillete de alumnos e alumnas no IES Brión que son unha auténtica virguería e que darán moito que falar polo seu gran nivel educativo”, aínda que sinala que o que máis o enorgullece destes anos dedicados á docencia é “ter educado persoas, non alumnos”.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion