versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames colabora con Brión e forma a 80 mozos, incluíndo prácticas

[17/11/2014]

O programa intermunicipal InserAmes diríxese a rapaces desempregados sen cualificación específica. Abunda no autoemprego e na motivación. A colaboración intermunicipal polo emprego e a formación segue dando resultados, e o Concello de Ames, xunto co de Brión, puxeron en marcha un ano máis o programa InserAmes Brión, que beneficia a 80 desempregados, menores de 30 anos e sen cualificación específica na sétima edición desta iniciativa. Prolongarase até maio de 2005 cun orzamento de 180.000 euros e grazas á cofinanciación da Consellería de Traballo. Nesta edición, InserAmes aumenta a súa duración até os 11 meses.

Entre as vantaxes do programa figura que, ao finalizar a formación, os alumnos realizarán prácticas non laborais en empresas. Para o edil amiense de Emprego, Bernardo Moar, o obxectivo de InserAmes Brión pasa por mellorar as posibilidades de acceso ao emprego dos desempregados no mercado de traballo, pola súa conta ou por conta allea, á vez que aplaude a colaboración intermunicipal, que redunda na eficacia e un aforro de custos. De forma paralela, comezaban este ano os cursos de formación específica para o emprego entre os que se atopan os de operario de caixa-reponedora, de 70 horas de duración, o de operacións auxiliares de almacén, con 120 horas, o de monitor de actividades de tempo libre, que consta de 200 horas. O tres cursos contan con módulos de prácticas en empresas.

Con respecto do contido do programa, inclúe tarefas de prospección de empresas e intermediación laboral, xa que se considera que esta fase é imprescindible para a operatividade das accións concretadas no itinerario, como son as prácticas non laborais e para conseguir o obxectivo final de todo o proceso, a inserción laboral. Ademais, InserAmes Brión inclúe outras liñas de actuación, con itinerarios personalizados de inserción para mellorar a ocupabilidade dos participantes. Tamén se realizará formación transversal, principalmente farase fincapé na relacionada coas técnicas de comunicación e coas habilidades sociais para a busca de emprego. Ademais, incidirase na alfabetización informática, na aprendizaxe do inglés, prevención de riscos laborais e na manipulación de alimentos. E todo iso sen descoidar a formación de face o autoemprego, que incluirá asesoramento para a creación de empresas e xornadas de motivación.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion