versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión inaugura hoxe un busto de Roberto Vidal Bolaño en Santa Minia

[31/07/2014]

O dramaturgo acudía a esta carballeira a ensaiar co seu grupo Teatro do Aquí. O alcalde de Brión, Xosé Luis García, e a viúva de Roberto Vidal Bolaño, Belén Quintáns, serán os encargados de descubrir hoxe un busto de bronce en homenaxe ao ilustre dramaturgo. O acto terá lugar ás 20.30 horas na casa da cultura de Brión, ao carón da carballeira de Santa Minia. A asistencia é libre e de balde.

No transcurso deste acto intervirán o secretario xeral da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo; a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Avelino González. Ademáis, falarán Fransciso Macías, da asociación Roberto Vidal Bolaño e editor de Edicións Positivas; Víctor Freixanes, veciño de Brión e membro da RAG; Xosé Vizoso, deseñador de Sargadelos e autor do busto, e a viúva de Bolaño, Belén Quintáns.

A escultura ubicarase na carballeira de Santa Minia, un lugar que está cargado de simbolismo xa que era onde Vidal Bolaño ensaiaba co seu grupo Teatro do Aquí. Ademais, a data escollida (31 de xullo) coincide co 64 aniversario do nacemento do ilustre dramaturgo.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion