versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Medio Ambiente repara a ribeira do Sar en Brión afectada os temporais

[23/07/2014]

A Consellería de Medio Ambiente está a reparar un dos colectores que canaliza as augas residuais de Bertamiráns á estación depuradora ao seu paso pola parroquia de Vos Ánxeles, no veciño municipio de Brión.

Estes traballos, segundo avanzou onte a Xunta, están executados ao 75 %, polo que o cálculo é que a obra quede lista no que queda de mes. Este colector sufriu danos durante os temporais do pasado inverno, que provocaron un significativo desprendemento de terra nun tramo duns 35 metros de lonxitude e cun ancho duns dous metros. Este movemento de terras deixou ao aire libre o colector de auga residuais.

A intervención autorizada pola Xunta consiste na construción dun muro de pedra para protexer a rede de condución de augas residuais e evitar roturas e filtracións.

O custo de reparación roldou os 35.000 euros, asumidos integramente pola Consellería de Medio Ambiente a través do organismo autónomo de Augas de Galicia. A solución técnica adoptada consistiu na renovación do tramo de colector que quedou ao aire libre conservando o trazado actual.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion