versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames recibe 200.000 euros para o taller de emprego compartido con Brión

[19/07/2014]

O Concello de Ames recibiu a confirmación da Consellería de Traballo dos fondos comprometidos para o desenvolvemento do novo taller de emprego, un programa formativo de inserción laboral que o municipio promove por segunda vez xunto co de Brión.

Os fondos asignados con cargo a este programa, denominado Entre ríos, roldan os douscentos mil euros, que servirán para a formación de 22 alumnos e a contratación de cinco acodes, que traballarán durante seis meses.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección do alumnado deben estar anotados ou inscribirse no Servizo Galego de Emprego e deixar constancia do seu interese por optar a unha das prazas deste programa, que consta de 960 horas lectivas. O temario abarca desde formación en repoboación e mantemento de infraestruturas forestais, tratamentos silvícolas e control de pragas. Tamén se reservan 130 horas lectivas para un curso de alfabetización dixital.

Os alumnos de ambos os concellos aproveitarán as súas prácticas para intervir en paraxes naturais de Ames e Brión, concellos que queren rendibilizar este taller para un proxecto de rexeneración do río Sar.

Entre as actividades incluídas no programa destaca o acondicionamento e sinalización de camiños, a posta a piques da ruta de Piñeiro, a limpeza da área de Riamonte, e a apertura de franxas de protección forestal. Xa no municipio de Brión, os espazos seleccionados inicialmente coinciden cos puntos de maior riqueza natural: o Castro Lupario, a carballeira de Santa Minia e varia rutas de muíños e cruceiros.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion