versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión estrea a súa sede electrónica, con capacidade para 13 xestións de servizos

[18/07/2014]

O Concello de Brión puxo en marcha a súa sede electrónica con xestión delegada da Deputación. O novo portal, ao que se pode acceder desde a páxina web oficial concellodebrion. org, é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, pero coa vantaxe de que os veciños poderán realizar até trece xestiones distintas en calquera momento do día.

O funcionamento deste servizo permite aos veciños descargar e imprimir o documento que desexen para cumprimentalo posteriormente e facer unha entrega física do mesmo nas dependencias municipais. Pero tamén posibilita facer estes trámites por Internet. Por ambos os sistemas pódense solicitar certificados de empadroamento, pedir calquera servizo de tipo social, así como presentar queixas e suxestións. Presentarse a procesos de selección de persoal é outra das opcións. E no ámbito urbanístico poden tramitarse expedientes sobre actividades económicas e pedir permisos de obras.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion