versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Once artistas participan na mostra -Soños- no Concello de Brión

[04/11/2014]

A sala de exposicións de Brión acolle até o próximo 19 de novembro a exposición Soños, unha mostra de pintura e escultura de once artistas membros da Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec).

A mostra recompila unha selección de cadros e esculturas dos artistas Isabel Andrés, Beatriz Barcia, Mariña Cocós, Constantino Custa, Fran Lareo, Pepa Mariño, Esther Molinero, Nietto, Mary Oliveirais, Suly e Carmen Torres.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, destacou que se trata da segunda exposición colectiva que realiza o Agaec en Brión e referiu que xa teñen exposto no municipio moitos dos artistas que mostran as súas obras estes días.

A comisaria da exposición, Pepa Mariño, agradeceu a axuda do Concello de Brión, pero lamentou que a nosa sociedade «está nese canellón dos soños rotos, que dicía a canción». Puxo de relevo a mala situación que viven tanto a cultura e a arte como a sociedade en xeral, e instou a «estar en garda para non dar un paso atrás. Hai que seguir soñando, pero loitando».

Como pintor e escritor participa na exposición Constantino Custa Ibáñez, que no acto inaugural da mostra artística presentou o seu libro Soñadores sen porvir.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion